Feira Artesanía no Prato

27 y 28 de octubre

  • Evento
  • Evento
  • Evento

Artesanía no Prato II Xornadas Profesionais 11:00h a 21:30h

A ARTESANÍA e a GASTRONOMÍA son parte fundamental da nosa cultura e o noso atractivo turístico e dous sectores en crecemento cuxa colaboración pretende situar a Galicia no epicentro da calidade gastronómica e artesanal
e lograr un satisfactorio maridaxe. Máis auténtico que nunca, o carácter atlántico preséntase reforzado, fusiona os seus compoñentes visuais e gustativos para expresar a historia, o sabor, o tacto e o cheiro do produto galego en todos os seus matices.

Obxectivos extratéxicos destas segundas xornadas:
Posta en valor da artesanía e do produto alimentario galego no eido da gastronomía, a restauración e o interiorismo.

Xerme de novos proxectos de colaboración no deseño de produto para a nova cociña e na revisitación de elementos tradicionais da nosa artesanía.

Aposta pola innovación, deseño e creatividade, no seu sentido máis amplo e experiencias en novos soportes e novos materiais.

Abrimos un novo espazo creativo desde o cal desenvolver numerosas experiencias sensibles, convidándonos a degustar algunhas das propostas
máis saborosas da cociña atlántica en exclusivos artigos de enxoval. Manexando o equilibrio entre concepto, estética e funcionalidade, son cada vez máis frecuentes as colaboracións entre cociñeiros e artesáns que
poñen en común os seus coñecementos para, nunha sorte de acto sinestésico, mergullar aos comensais nunha sensación envolvente onde se fusionan o cinco sentidos.

Máis información en centro.artesania@xunta.gal

Unha idea.
Un espazo.

Se o primeiro en descubrir que novidades
che ofrece EXPOCoruña.